"Vigo a escena" leva o teatro o venres e o domingo a Teis, Fragoso e Zamáns e cancela a obra do sábado
A programación de "Vigo a escena" para o primeiro semestre do 2009 posta en marcha pola Concellería de Cultura achegará mañá o teatro ao Centro Cívico de Teis coa compañía A Loca-motora, mentres que o domingo haberá dúas representacións, unha no Val do Fragoso a cargo de Teatro Avento e outra en Zamáns con Máscara Producións. Asemade, cancélase a actuación de Teatro Avento prevista para o sábado, 25 de abril, no Conservatorio de Música (Rúa Eugenio Kraft).
A programación desta fin de semana comeza mañá venres coa representación da obra "Carlota e Marieta dan a volta ao planeta" no Centro Cívico de Teis ás 19 horas. Nela, as actrices integrantes de a Loca-motora interpretan a dúas amigas que tratan de dar a volta ao mundo seguindo as instrucións dunha caixa. Baseada na novela "A volta ao mundo en 80 días", nesta montaxe dirixida a un público familiar mestúrase a imaxinación, a fantasía, o humor e a aventura.
O domingo, 26 de abril, están previstas dúas representacións. Por unha banda, a compañía Teatro Avento representará "A insólita historia de Jimmy Pelostristes" nas instalacións da AVV Val do Fragoso ás 19 horas. A obra nara a historia dun xornalista do diario local Towcity news. Trátase dun home normal que se ve envolto en acontecementos extraordinarios: roubos misteriosos, asasinatos estranos e perigosos mafiosos ao ritmo da música dos anos trinta. Neste caso, o elenco está formado por Beni A. Correa, Xoan Abreu, Marcos Alonso, Óscar Alonso, Jonathan Caramés, Merchy Lago, Santiago de Prado, Charo Rodríguez, Silvia Rodríguez, Gloria Sampedro e Natalia Villarino. Ademais, tamén o domingo ás 19 horas, pero as instalacións da AVC San Mamede de Zamáns, terá lugar outra sesión do "Vigo a escena", neste caso coa representación de "Asalto de cama". Nesta obra, a compañía Máscara Producións baixo a dirección de Xerome Calero, levará á escena as relacións home-muller dende a óptica do humor.