Máis de 300 deportistas participarán este sábado na Festa Infantil do Kárate no pabillón do Berbés
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, explicou hoxe que a Festa Infantil do Kárate que se celebrará este sábado 25 de abril no pabillón municipal do Berbés reunirá a máis de 300 rapaces e rapazas de todas as idades. Segundo o edil "é moi importante que os nenos e nenas se acheguen á saúde e ao benestar a través da práctica deportiva", tema central desta edición.
"Dende a Concellería de Deportes preocúpanos que todos os eventos deportivos estean cubertos e para nós tan importante é unha proba internacional como unha de base, porque consideramos que o deporte é un valor social", salientou Xabier Alonso. Neste sentido, agradeceu ás entidadas e ás empresas "que comparten este criterio porque dende os orzamentos da Concellería non poderíamos afrontar todas as competicións". Asemade agradeceu á organización da festa, a cargo da agrupación deportiva Zanshin de Vigo, e a o seu responsable, Fernando Álvarez, "polo seu traballo coa xente que inicia a súa práctica deportiva".
A 22 edición da Festa Infantil do Kárate, que comezará ás 17 horas, reunirá a participantes de sete clubes da cidade así como ás Escolas Deportivas Municipais, e a 16 árbitros que estarán distribuídos en catro tatamis. Ademais da participación dos rapaces e as rapazas, os profesores tamén serán protagonistas, xa que tanto o profesorado de kárate com ode tai chi farán as súas respectivas demostracións.
Descargar todas as imaxes