Escoitar

Emprego inicia "Vigo ornamental", no que formaranse e traballarán 36 contratados durante un ano

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, mostrou a súa "satisfacción" polo inicio da terceira escola obradoiro en Vigo dirixido a persoas con dificultades de inserción laboral, que conta con 636.000 euros de subvención autonómica. En total, a través do Plan de Emprego, 450 persoas están na actualidade cun posto de traballo.

xoves, 23 abr 2009
1240491932santos220409.jpg
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, presentou hoxe xoves "Vigo Ornamental", un programa municipal que formará e contratará a 36 desempregados durante 12 meses. O proxecto iníciase o vindeiro 1 de xullo e conta cunha subvención da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia de 636.000 euros.

Santos Héctor informou que os contratados, que cobrarán un soldo, percibirán ademais unha formación en albanelería, carpintería metálica e PVC, e fontanería solar e térmica. O persoal procederá íntegramente das listas do INEM, con prioridade para os parados de longa duración, as mulleres e persoas sen experiencia profesional e sen formación.

6,3 millóns
O concelleiro mostrou a súa "satisfacción pola colaboración coa Consellería de Traballo" saínte da Xunta de Galicia, que aportou 6,3 millóns de euros para a realización de programas de formación e inserción laboral no 2008.

Os 636.000 euros concedidos para o programa Vigo Ornamental é a primeira subvención de 2009 realizada desde a Consellería de Traballo. Ademais, o Concello aportou 1,1 millóns de euros provintes dos orzamentos municipais.

450 contratados
Santos Héctor salientou que, en total, os 14 programas municipais de emprego postos en marcha pola súa Concellería empregan a un total de 446 persoas. Dentro do total, o edil valorou positivamente o programa experimental iniciado, que conseguiu 100 contratos de parados con empresas privadas, dos que 70 continúan vixentes.

O concelleiro sinalou que os técnicos municipais percorreron un total de 520 empresas, coñecendo as necesidades laborais das mesmas para posteriormente ofrecer unha formación axustada ás demandas das compañías. Este primeiro proxecto experimental está na actualidad, segundo afirmou Santos Héctor, pendente de aprobación para continuar en marcha.
Descargar todas as imaxes