xoves, 23 abril 2009

Emprego inicia "Vigo ornamental", no que formaranse e traballarán 36 contratados durante un ano

xoves, 23 abr 2009

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, mostrou a súa "satisfacción" polo inicio da terceira escola obradoiro en Vigo dirixido a persoas con dificultades de inserción laboral, que conta con 636.000 euros de subvención autonómica. En total, a través do Plan de Emprego, 450 persoas están na actualidade cun posto de traballo.

Programación especial no Verbum con motivo do sexto aniversario

xoves, 23 abr 2009

O Verbum celebra o seu sexto aniversario cunha programación especial pensada para achegar os contidos do museo á cidadanía. Ata o 30 de abril haberá xornadas de portas abertas. Os días 24,25 e 26 ofrecense visitas teatralizadas para coñecer polo miúdo todos os segredos do museo. As celebracións chegarán ao seu punto máis animado da man de Xoan Curiel que levará ao museo ritmos de bossa mesturados coa tradición galega.

Máis de 300 deportistas participarán este sábado na Festa Infantil do Kárate no pabillón do Berbés

xoves, 23 abr 2009

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, explicou hoxe que a Festa Infantil do Kárate que se celebrará este sábado 25 de abril no pabillón municipal do Berbés reunirá a máis de 300 rapaces e rapazas de todas as idades. Segundo o edil "é moi importante que os nenos e nenas se acheguen á saúde e ao benestar a través da práctica deportiva", tema central desta edición.

Presentados os uniformes do equipo de voluntarios do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros

xoves, 23 abr 2009

O alcalde da cidade de Vigo presentou onte, na Lonxa do Concello, os uniformes que lucirán os voluntarios que formarán parte do amplo continxente humano que se estableceu con motivo da saída desde o porto vigués, do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros. Abel Caballero explicou os motivos e cores que locen os equipos, combinación do vermello e branco que simboliza o estandarte da cidade, así como os dous bordados oficiais, o da grímpola da regata e a insignia da Alcaldía de Vigo.

"Vigo a escena" leva o teatro o venres e o domingo a Teis, Fragoso e Zamáns e cancela a obra do sábado

xoves, 23 abr 2009

A programación de "Vigo a escena" para o primeiro semestre do 2009 posta en marcha pola Concellería de Cultura achegará mañá o teatro ao Centro Cívico de Teis coa compañía A Loca-motora, mentres que o domingo haberá dúas representacións, unha no Val do Fragoso a cargo de Teatro Avento e outra en Zamáns con Máscara Producións. Asemade, cancélase a actuación de Teatro Avento prevista para o sábado, 25 de abril, no Conservatorio de Música (Rúa Eugenio Kraft).

Igualdade organiza o curso para mulleres "Ser home por un día" sobre a construción do xénero

xoves, 23 abr 2009

A Concellería de Igualdade organiza o curso "Ser home por un día", dirixido a mulleres co obxectivo de abordar a construción da identidade do xénero como práctica para-teatral. Para participar no obradoiro, de carácter gratuíto, é preciso realizar a inscrición na Concellería de Igualdade (primeiro andar da Casa do Concello) ou no teléfono 986 810 284 en horario de 8 a 15 horas ata completar o número de prazas.