Presentados os uniformes do equipo de voluntarios do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros
O alcalde da cidade de Vigo presentou onte, na Lonxa do Concello, os uniformes que lucirán os voluntarios que formarán parte do amplo continxente humano que se estableceu con motivo da saída desde o porto vigués, do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros. Abel Caballero explicou os motivos e cores que locen os equipos, combinación do vermello e branco que simboliza o estandarte da cidade, así como os dous bordados oficiais, o da grímpola da regata e a insignia da Alcaldía de Vigo.
O ropero do voluntario, deseñado polo Concello, está composto de varias pezas, entre as que destacan unhas bermudas en azul mariño, combinadas cun polo branco, co pescozo tintado en vermello. Os voluntarios vestirán tamén, unha cazadora polar e gorra tamén en vermello, e un chubasquero auxiliar, en caso de necesitalo. O equipo se complementa cun calzado deportivo e calcetíns a xogo.
O vestuario será o mesmo para todos, diferenciando as misións encomendadas a cada un deles e elas, divididas en dous grupos: Voluntarios e Oficial de Enlace, que estará impreso en dous idiomas.
Na presentación Caballero tertulió con parte dos voluntarios e agradeceu a súa colaboración no Desafío Atlántico.
O Alcalde estivo acompañado polo Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez; a Concelleia de Economía e Facenda, Raquel Díaz, e de representantes da Oficina do Voluntario do Concello de Vigo, da Federación Galega de Vela e do Comité de Organización
Descargar todas as imaxes