martes, 21 abril 2009

Unha programación de actividades acompañará aos clásicos da Tall Ships Atlantic Challenge desde terra

Vigo conta os días para converterse oficialmente no mellor embaixador dos veleiros máis importantes do mundo. Os grandes clásicos arribarán a partir do próximo xoves 30 de abril, catro días nos que afeccionados, profesionais e interesados poderán gozar de verdadeiras xoias sobre o mar. <br /> Tras meses de intensas xestións, comezanse a pechar capítulos. Este é o caso das actividades paralelas que se deseñaron ao redor do que se converteu, ata antes de arrincar, no evento con maior expectación do ano.

Unha treintena de navíos clásicos arroparán a saída desde Vigo da gran regata

O Kruzensthern será o barco estrela do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros

martes, 21 abr 2009

A medida que se achega a data da inauguración oficial da estadía dos grandes veleros que tomarán parte no Desafío Atlántico de 2009, a organización segue pechando a chegada de navíos clásicos, que surcarán ríaa de Vigo, o próximo 3 de maio, poñendo rumbo ás illas Canarias, final da primeira etapa.

Tenencia de Alcaldía e Provigo agardan contar co apoio da nova Xunta para abrir novas liñas en Peinador

martes, 21 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este martes que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo retomarán o traballo que viñan desempeñando coa Fundación Provigo para establecer novas liñas aéreas en Peinador. Así o explicou o concelleiro tras a xuntanza que mantivo co novo xerente da Fundación, José Francisco Armesto, aínda que ambos puntualizaron que este obxectivo depende do respaldo da Xunta, polo que sinalaron que cando o novo goberno autonómico "estea asentado" é preciso reiniciar as conversas.

Benestar Social convoca 400 prazas no programa de Balnearios para mellorar a saúde dos maiores

martes, 21 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este martes que este ano o Programa de Balnearios convoca 400 prazas, 25 máis que no 2008, e incorpora a posibilidade de recibir tratamento no Talaso Atlántico. A edil sinalou que esta actividade, que o Concello de Vigo ofrece conxuntamente coa Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo "mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a súa saúde".<br />