Escoitar

As 200 prazas para a primeira ruta a Cíes do "Camiño a Camiño" reserváronse en 90 minutos

O programa da Concellería de Medio Ambiente, Vigo Camiño a Camiño, abriu este luns as inscripcións para a primeira ruta as Illas Cíes. A través do teléfono de atención cidadá 010, as 200 prazas foron reservadas en 90 minutos; e aínda quedan prazas libres para a ruta Fragoselo-Saiáns, tamén o vindeiro domingo, 26 de abril.

luns, 20 abr 2009
1240232831camino.jpg
As 200 prazas reservadas para a primera visita as Cíes do programa "Vigo Camiño a Camiño" quedaron reservadas en só 90 minutos. A Concellería de Medio Ambiente abríu este luns, nos teléfonos do servizo de atención cidadá 010, o prazo de inscripción para as primeiras etapas do programa municipal gratuito, que percorrerán o vindeiro domingo 26 de abril as Illas Cíes e a ruta Fragoselo-Saiáns.

Desde a apertura das liñas telefónicas municipais do 010, ás 08:00 horas, as chamadas de inscripción para as Illas Cíes foron constantes, segundo indicou a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, agotando as reservas ás 09:30 horas.

Por outra banda, o prazo para anotarse na ruta que percorrerá de Fragoselo ata Saiáns tamén o próximo domingo 26 de abril, permanecerá aberto durante toda esta semana. Durante a mañá deste luns, o 010 xa ten inscritas a máis de 100 persoas para a primeira etapa do "Vigo Camiño a Camiño", unha das mellor valoradas pola cidadanía en edicións anteriores.

Os inscritos para as Illas Cíes deberán persoarse o vindeiro domingo ás 10:00 horas no peirao de A Laxe e sairán de volta de Rodas ás 19:00 con regreso estimado ao porto de Vigo ás 20:00. Os anotados para a ruta Fragoselo-Saiáns deberán estar na Praza do Rei ás 09:30 horas, onde regresarán en torno ás 14:30 horas.

O luns inmediatamente anterior ao domingo da ruta ábrese o prazo de inscripción de xeito exclusivo no teléfono 010. O domingo 3 de maio terá lugar a segunda etapa, a ruta do Galiñeiro, abríndose a inscripción o luns 27 de abril. A fin de semana do 9 e 10 de maio visitarase de novo as Illas Cíes con rutas, observación nocturna de estrelas e acampada nas propias Illas.
Descargar todas as imaxes