venres, 24 abr 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este xoves que o orzamento das axudas municipais para comedor e libros experimenta un incremento do 20% para o vindeiro curso 2009/2010, ao pasar de 400.000 a 460.000 euros. A edil salientou en rolda de prensa que con esta medida e nunha época de crise como a actual "esperamos que ningún escolar quede en lista de agarda se cumpre todos os requisitos".
venres, 24 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe a Copa André Vergauwen que reúne desde hoxe na nosa cidade aos mellores equipos de Europa de baloncesto en cadeira de rodas. O concelleiro salientou na súa intervención que "é un acontecemento deportivo a prol da igualdade de oportunidades de todos e todas".
venres, 24 abr 2009
O Museo do Mar de Galicia presentará o sábado 25 de abril, ás 20.30 horas, a actuación do pianista Nicasio Gradaille, que dá inicio ao programa de actuacións Espazos Sonoros. O museo comeza así, por segundo ano consecutivo, un novo ciclo de concertos que durará ata finais de xuño, e no que acollerá diferentes músicos e formacións como a Austrian Baroque Company, o ISGA Collective, a Ensemble Galante ou o solista Rolf Lislevand.
venres, 24 abr 2009
A actuación do poeta e cantante estadounidense Leonard Cohen é o primeiro dos grandes concertos xa confirmados que se celebrarán este verán nas festas de Vigo, segundo anunciou estes venres o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, tras pechar onte a contratación do artista.
venres, 24 abr 2009
Dende o vindeiro luns, 27 de abril, a Casa da Xuventude acollerá unha nova exposición baixo o título "Natureza deportiva", do fotógrafo Pablo Iglesias. A mostra, enmarcada na rolda de exposicións programada por este servizo municipal para o primeiro semestre do 2009, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Xuventude
venres, 24 abr 2009
A concelleria de Xuventude anuncia a realización das "Xornadas de Xuventude e Tempo de Lecer:Mocenado" os días 7 e 8 de maio; o sorteo 2009 de "Inter Rail" e unha visita ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.<br />
Persoal
venres, 24 abr 2009
Con data 20 de abril de 2009, a Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases para a contratación de un médico especialista en psiquiatría para a Unidade Asistencia a Drogodependentes (CEDRO).<br />