A Casa da Xuventude acolle dende o vindeiro luns a mostra fotográfica "Natureza deportiva"
Dende o vindeiro luns, 27 de abril, a Casa da Xuventude acollerá unha nova exposición baixo o título "Natureza deportiva", do fotógrafo Pablo Iglesias. A mostra, enmarcada na rolda de exposicións programada por este servizo municipal para o primeiro semestre do 2009, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Na exposición "Natureza deportiva", que permanecerá na Casa da Xuventude ata o 8 de maio, o fotógrafo vigués Pablo Iglesias Pereira ofrece unha selección das súas mellores fotografías de deportes e natureza. Na súa traxectoria profesional figuran os seus traballos para Atlántico Diario e Faro de Vigo, así como para o Celta e a Federación de Peñas. Entre os distintos galardóns que ten conseguido destaca o primeiro premio do certame fotográfico da Arribada de Baiona do ano 2004.
A seguinte mostra que acollerán as instalacións de López Mora tamén será fotográfica, neste caso do 11 ata o 22 de maio, baixo o título "Outono no Courel" e realizada por Jairo Mera Lorenzo.
A seguinte mostra que acollerán as instalacións de López Mora tamén será fotográfica, neste caso do 11 ata o 22 de maio, baixo o título "Outono no Courel" e realizada por Jairo Mera Lorenzo.