Escoitar
Xuventude

Diversas actividades da concellería de Xuventude

A concelleria de Xuventude anuncia a realización das "Xornadas de Xuventude e Tempo de Lecer:Mocenado" os días 7 e 8 de maio; o sorteo 2009 de "Inter Rail" e unha visita ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.<br />

venres, 24 abr 2009
XORNADAS DE XUVENTUDE E TEMPO DE LECER "MOCEANDO"
Datas e lugar: 7 e 8 de maio de 2009 no Verbum (Casa das palabras de Vigo)
Inscrición gratuíta. Prazas limitadas ata cubrir aforo. Prazo de inscrición: ata o 30 de abril.
Destinatarios: Técnicos/as de mocidade, profesionais relacionados/as coa mocidade, membros de entidades xuvenís, mozas e mozos e persoas interesadas no contidos das xornadas.
Moceando pretende ser un espazo de encontro entre moz@s , membros de entidades xuvenís, profesionais que traballan con xente moza e todas aquelas persoas interesadas en coñecer o que se está a facer neste eido. Tamén pretende ser un espazo para reflexionar, debater e buscar alternativas conxuntas de cara ao futuro.

SORTEO 2OO9 "INTER RAIL"
Sortease un PREMIO DOBRE INTER RAIL na modalidade Global Pass, permitindo a viaxe gratuíta en tren para dúas persoas, durante 10 días, por máis de 30 países dentro dun período de 22 días.
Participantes: moz@s con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos e empadroados en Vigo.
O cupón para participar no sorteo recollerase e depositarase, unha vez cuberto, en calquera das dependencias da Concellaría de Xuventude (Casa da Xuventude, Punto Xove, Súbete ao Castro).Admitirase un único cupón por persoa.
Prazo: Xoves 18 de xuño de 2009.

VISITA AO PLANETARIO DO INSTITUTO MARÍTIMO PESQUEIRO DO ATLÁNTICO DE VIGO.
Con motivo do ano internacional da astronomía, a Concellaría de Xuventude convoca unha visita ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro sito na Avda Beiramar 55.
Data: Martes, 12 de maio, ás 18.00 horas

Participantes: un total de 50 moz@s con idades comprendidas entre os 14 e 35 anos poderán visitar o planetario e asistir a unha clase de astronomía náutica.

A inscrición é gratuíta.
Realizarase acudindo e cubrindo a solicitude persoalmente no Punto Xove a partir do luns 27 de abril e ata cubrir as prazas.
O desprazamento ao planetario corre a cargo d@s participantes.


Máis información:
-Casa da Xuventude: 986 29 48 06.Rúa López Mora 31.
-Punto Xove: 986 22 30 04. Rúa López de Neira 27 baixo.
Horario do Punto Xove: luns a venres de 9:30 a 14hs. Luns a xoves de 17 a 20 hs.
- Súbete o Castro. Paseo dos Cedros s/n. Ao carón da pista de bicis. 986.485541