Escoitar

Santi Domínguez defende a especialización e a formación no Campionato de Galicia de Xefes de Sala

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, defendeu este mércores a especialización da hostelería e do sector servizos no acto inaugural do Campionato de Galicia de Xefes de Sala, que se celebra hoxe no IES Manuel Antonio.

mércores, 22 abr 2009
1240406940campionatoxefesdesala.jpg
"É unha satisfacción e un deber estar hoxe aquí. Sentíame obrigado porque un sector como o da hostelería ten que poñerse as pilas para saír da crise actual", apuntou o tenente de alcalde. Neste sentido destacou a relevancia da celebración do campionato "porque é moi importante que haxa profesionais que aposten pola calidade e por dar o mellor servizo" e felicitou á organización do certame, no que participan once xefes de mesa de diferente restaurantes galegos. "Este campionato é un acicate para traballar a prol da especialización", subliñou.

O director da organización do Campionato, Guillermo Campos, e o presidente da Asociación Galega de Maitres e Técnicos de Hostelería (AMAIGA), José Vicente Gómez Blanco, agradeceron a presenza do tenente de alcalde e concelleiro de Turismo "como mostra de respecto aos profesionais e aos concursantes no certame", así como ao director do IES Manuel Antonio, Manuel Hermo, "por ceder as instalacións do centro".
Descargar todas as imaxes