Castrelos e o Peirao de Trasatlánticos acollerán os grandes concertos

Santi Domínguez asegura que as Festas de Verán son xa un sinal de identidade da cidade<br /> <br />

luns, 13 xul 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, presentaron hoxe o programa das festas 2009, no que destaca a existencia de grandes concertos (Leonard Cohen, Keane, Carlos Baute+Marta Sánchez, Los Secretos, la Oreja de Van Goh, Ainhoa Arteta, Fuxan os Ventos, Coti, Melendi, Mala Rodríguez…) así como a diversidade de actividades para todas as idades e tendencias.

Abre a Feira do Libro de Vigo

venres, 10 xul 2009

A praza de Compostela será un ano máis o lugar de encontro cos libros desde hoxe venres ata o 19 de xullo coa celebración da XXXV Feira do Libro de Vigo.O escritor Francisco Castro será o encargado da lectura do pregón inaugural ás 20:30 horas despois da actuación da Asociación Monteira – Grupo de Danzas do Mundo, de Vigo.

O Festival VIA STELLAE chega a Vigo da man do MARCO

martes, 7 xul 2009

Por primeira vez na historia deste Festival, o VIA STELLAE recala en Vigo para ofrecer no MARCO dous dos concertos incluídos no ciclo VIA STELLAE 20/21, no que a música contemporánea, os clásicos do século XX, as vangardas e os creadores galegos actuais son os protagonistas.<br />

Comeza no MARCO o programa de obradoiros infantís de verán

martes, 7 xul 2009

A partir do martes 7 de xullo comezan no MARCO os obradoiros infantís de verán, que intentan achegar aos máis pequenos as obras dos artistas presentes nas salas do museo. A través de percorridos por salas, e de divertidas sesións no ‘Laboratorio das Artes’, os participantes traballan as súas habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación da arte contemporánea.

O Verbum acolle un ciclo de curtametraxes os meses de xullo e agosto

luns, 6 xul 2009

Un ano máis o museo Verbum promove, xunto coa Axencia Audiovisual Galega o ciclo das mellores curtametraxes do cinema galego "O pequeno é fermoso" agrupadas en distintas temáticas: animación, experimentación, biografías, literatura no cine, Galiza na guerra civil, videodanza, mundo rural, a muller, etc.

O compositor alemán Andreas Willers presenta Montauk no Teatro Salesianos

O espírito das big bands con Santiago de la Muela Jazz Orchestra no Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

xoves, 2 xul 2009

Santiago de la Muela chega o venres 3 de xullo á quinta edición de Imaxina Sons, un festival que se inauguraba o 16 de xuño de 2005 co concerto de dous guitarristas: un era Chema Saiz e o outro, el mesmo. De novo a oportunidade de gozar dun músico que, sendo xa un mestre do seu instrumento, é quen de compoñer para calquera formación e, ademais, dirixila co influxo do swing. Na praza do Rei a partir das 23h sesión dobre co cuarteto de Pepe Evangelista seguido da Santiago de la Muela Jazz Orchestra, unha formación con dezaoito músicos que pon ao día o espírito das big bands de sempre.

Explosión Zappa con Napoleon Murphy Brock no Festival de Jazz Imaxina Sons

mércores, 1 xul 2009

Parabéns aos seguidores de Frank Zappa. Saxo, voz e, por suposto, o seu sentido do humor e os seus bailes característicos, distinguiron a Napoleon Murphy Brock desde o momento que se incorporou á banda do xenial músico estadounidense a principios dos anos setenta. Sen dúbida, o saxofonista e cantante será un dos pratos fortes desta quinta edición do Festival Imaxina Sons de Vigo co seu concerto do xoves 2 de xullo na Praza do Rei a partir das once da noite.