venres, 2 out 2009
La exposición 'ESPEJOS/MIRRORS', comisariada por el italiano Gyonata Bonvicini, es el resultado de la 2ª convocatoria del Premio MARCO para Jóvenes Comisarios, en la que fue seleccionada como proyecto ganador que se podrá visitar en el Museo de Arte Contemporáneo del 2 octubre 2009 - 17 enero 2010.

xoves, 1 out 2009
A nova programación de "Vigo a escena", que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro, integra un total de 36 actuacións que serán representadas en 22 auditorios diferentes, segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura na presentación do programa. Xesus López indicou que esta nova edición comezará este sábado, 3 de outubro, coa representación de "Chicho e a santa Compaña" a cargo de Lambríaca Produccións, no auditorio do Conservatorio de Música Profesional da Florida.
xoves, 24 set 2009
O museo Verbum – Casa das Palabras retoma os obradoiros didácticos. Para este domingo 27 están programadas unha sesión de monicreques para nenos e nenas a partir dos 5 anos.
xoves, 24 set 2009
Esta é a derradeira semana na que permanecerá aberta ao público a exposición de Santiago Sierra, que se clausura este domingo 27 de setembro na planta baixa. Con este motivo, o sábado e domingo proxectarase no salón de actos o vídeo consistente nunha charla de José Luis Velasco, dirixente da CNT, baixo o título ‘Para os traballadores sempre hai crise’, que forma parte do proxecto de Santiago Sierra para o MARCO.
luns, 21 set 2009
A partir do mércores 7 de outubro, comezarán no MARCO tres novos cursos para adultos, impartidos por Ana Pereira Molares, e destinados a persoas interesadas en coñecer de primeira man os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea.
luns, 21 set 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o edil de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este luns unha nova edición do programa "Camiña e coñece", que o vindeiro domingo, 27 de setembro, percorrerá a parroquia de Saiáns. Nas súas intervencións, os concelleiros lembraron que o obxectivo desta iniciativa, para a que non é preciso inscribirse previamente, consiste en potenciar o desenvolvemento de hábitos saudabeis ao mesmo tempo que fomentar o coñecemento do patrimonio cultural de Vigo e os seus barrios e parroquias.
luns, 14 set 2009
Un avance das actividades que terán lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, nos vindeiros meses: exposicións temporais, programa educativo, visitas, cursos e talleres, concertos e festivais, programación audiovisual, Festa 7º aniversario, actividades da Biblioteca-Centro de Documentación e da Agrupación de Amigos do MARCO, entre outros eventos.

xoves, 10 set 2009
A exposición retrospectiva que a Fundación Caixa Galicia dedica en Vigo a Maruja Mallo, a artista plástica máis relevante da historia da arte galega e española do século XX, será inaugurada na tarde do xoves, polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, o director de Proxectos da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, Xosé Luis García Canido, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez.

A mostra reúne na Casa das Artes viguesa, ata o vindeiro día 10 de xaneiro, 142 pezas que conforman "a maior e máis exhaustiva retrospectiva dedicada á gran transgresora da xeración do 27", segundo sinalou a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, na rolda de prensa de presentación da exposición.
mércores, 9 set 2009
O museo Verbum - Casa das Palabras inaugura a exposición temporal "Ramón Piñeiro, olladas no futuro" o xoves 10 de setembro ás 20 horas nas dependencias do museo.A exposición recrea a personalidade dunha das figuras máis representativas e influentes de Galicia da segunda metade do S.XX que puxo a súa vida ao servizo da reconstrución da identidade de Galicia e da dignificación da súa cultura.
xoves, 3 set 2009
A Casa das Artes acolle unha exposición pictórica de Celso Varela co título "Dende a miña fiestra" que se poderá visitar do 3 de setembro ó 12 de outubro.A mostra está organizada pola concellería da Área de Cultura e Animación Sociocultural.