Escoitar

Xesus López asegura que o Festiclown, que ofrecerá 150 actuacións, é un dos festivais máis importantes de Europa

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, destacou que "o Festiclown é un dos festivais do mundo do clown máis importantes de Europa". O nacionalista fixo estas declaracións durante a rolda de prensa de presentación do Festiclown, que se desenvolverá en Vigo entre os días 26 de xullo e 1 de agosto. No acto de presentación tamén estivo presente o director do festival, Iván Prado, quen agradeceu o apoio e o cariño do Concello de Vigo.

xoves, 22 xul 2010
1279804641Festiclown.JPG
O concelleiro manifestou que "unha das cousas das que me sinto máis orgulloso é de que o Festiclown se viñera para Vigo. Xa levamos tres edicións consecutivas en Vigo e o obxectivo é que Vigo sexa sede permanente". Nos días previos á celebración da Semana Grande dixo que "o Festiclown enche de cor e risas as nosas rúas e prazas cos mellores clowns do mundo. Durante estes días, Vigo convertese no epicentro da mellor programación do mundo do clown, sen esquecer ao grandísimo mundo dos pallasos que temos en Vigo".

Xesús López destacou que nestes días celebraranse máis de 150 espectáculos na cidade de Vigo, con máis de corenta compañías, divididos en diferentes programas, "algúns xa coñecidos como o Formaclown, a Mostra Internacional ou o Maraclown, e outros novos como o Terrazaclown, na Praza do Concello pola noite".

Iván Prado destacou que "neste mundo de pelexas e guerras, o Festiclown é unha gran carpa de Nacións Unidas, a unión de diferentes pobos". O director do festival tamén fixo unha reivindicación a favor de Vigo, "que foi un porto de saída hai moitos anos, e agora convertese en porto de chegada para os pallasos e compañías de todo o mundo".

Iván Prado suliñou que grazas ao Festival Internacional do Clown de Galicia, que vai pola undécima edición, "existe en Galicia un novo circo, máis festivais de calidade e Galicia ten unha saúde extraordinaria, do mellor do Estado, no mundo do clown".

Entre os máis de 150 espectáculos, Prado destacou a presenza, uno ano máis, do maior pallaso do mundo, Leo Bassi –"que creo un espectáculo ex profeso para acudir ao Festiclown"-, e de Pepe Viyuela, "presidente de Payasos sin Fronteras e un dos pallasos máis comprometidos socialmente".
Descargar todas as imaxes