Escoitar

Santi Domínguez destaca que a programación infantil mellora e se complementa co espectáculo de Bob Esponja

O programa Castro Cativo, dirixido aos máis pequenos, contará este ano cun complemento importante, segundo explicou hoxe o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, co espectáculo de Bob Esponja, que se celebrará na praia de Samil os días 4 e 5 de agosto. O teatro infantil incluído no programa Castro Cativo, que terá lugar dende hoxe ata o día 8 de agosto, trasládase ao auditorio municipal no Concello.

martes, 3 ago 2010
1280842092esponja.JPG
"Bob Esponja é hoxe un máis nas familias, unha mascota nos fogares, grazas á serie de animación infantil seguida por todos os nenos e nenas", manifestou Domínguez no acto de presentación do programa infantil, no que tamén estivo presente o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, e o promotor Jesús Manzano.

O espectáculo que terá lugar en Vigo será a primeira actuación da xira que comeza por España e a única en Galicia. Mañá, día 4, abrirá pola tarde (18:30 a 20:00 horas) e o día 5 de agosto en sesión de mañá e tarde (11.30 a 13:00 horas e de 18:30 horas a 20:00 horas).

A actuación estará dividido en dúas partes: Por unha banda Slime Park, unha zona de xogos na que os nenos e nenas poderá realizar diferentes actividades e participar en xogos destinados para eles: castelos inchables, xogos de habilidade, maquillaxe e tatuaxes... No tempo das actividades controlarase o acceso, facéndose quendas de aproximadamente de 300 rapaces, para que poidan ir rotando.

O segundo apartado do espectáculo é Slime Show, dirixido por monitores e monitoras no que todos e todas poderán participar e cantar e bailar con Bob Esponja. No transcurso da actuación terá lugar o concurso slime con tres dos participantes.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, recoñeceu descoñecer a Bob Esponja ata que lle falaron deste espectáculo e cando se puxo a sondar ao persoal e en internet "descubrín un auténtico fenómeno de masas, que gusta a maiores e pequenos, que está en todas partes, tanto nas casas, coma nos comercios, nas toallas da praia, en camisetas, xoguetes...".

O responsable do departamento de Cultura destacou o bo funcionamento do programa infantil "Castro Cativo", que este ano celebra a súa terceira edición. Nesta oportunidade haberá un cambio de ubicación, xa que a zona de xogos e inchables cambia para aparcadoiro da rúa Manuel Olivié, tamén no Castro, e o teatro infantil desprazase ata o renovado auditorio municipal, na Casa do Concello, con entrada gratuíta ata encher o aforo.

As novidades da programación do presente ano son dúas: Pistas de kars eléctricos e a pedais e o programa "Castro Naturix". "Elixe crear no lugar de destruír". Este sería o resumo deste proxecto didáctico que pretende achegar aos nenos/as dun xeito lúdico e educativo o respecto pola natureza.
Descargar todas as imaxes