venres, 6 agosto 2010

O alcalde anuncia a apertura ao tráfico de Regueiro e a instalación o luns dunha rotonda provisional en Gran Via con Tarragona

Abel Caballero informou hoxe venres da apertura inmediata ao tráfico da rúa Regueiro, unha vez rematada onte a humanización. Por outra banda, o luns abrirase aos vehículos a rúa Tarragona, que cambiará o seu sentido a ascendente, e comezará a operar unha segunda rotonda provisional na Gran Vía, á altura de Tarragona. As modificacións conlevarán desde o luns pequenos cambios tamén en tramos de Pintor Colmeiro e da Hispanidade.

Santi Domínguez augura un "rotundo éxito" para O Marisquiño 2010 ao prever superar os 45.000 espectadores

venres, 6 ago 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, cortou este venres a cinta que inaugura o apartado de competición de O Marisquiño 2010, tras comezar o onte co concerto ofrecido por Public Enemy en Castrelos. No acto, no que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o responsable de organización, Carlos Domínguez, o nacionalista asegurou que a décima edición de O Marisquiño será un "rotundo éxito" xa que as previsións apuntan que se superarán os 45.000 espectadores rexistrados no 2009.