mércores, 4 agosto 2010

O alcalde presenta un servizo de pulseras nas praias para localizar aos país dos nenos extraviados

O alcalde, Abel Caballero, e o máximo responsable da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentaron este mércores un novo servizo municipal para minimizar o tempo de búsqueda dos país dos nenos extraviados nas praias de Vigo. Trátase dunha pulsera gratuita que os país xa poden solicitar nas casetas da Policía Local e da Cruz Vermella onde figura o nome do neno e un teléfono de contacto.

Tenencia de Alcaldía impulsa o coro e orquestra xuvenís para contribuír á formación musical dos mozos e mozas

mércores, 4 ago 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores a creación dun coro e orquestra xuvenís, que integran o proxecto Xovigo. Segundo destacou na presentación da iniciativa, na que tamén colabora a Asociación Galega de Música Atlantic Musik, o obxectivo de Xovigo é "contribuir á formación artística e académica no eido musical e artístico da mocidade viguesa" e avanzou que tras a selección de integrantes e os ensaios pertinentes, o coro e a orquestra poderán realizar a súa primeira actuación en primavera de 2011.

Xesus López presenta o programa Vigo Folk, no que se dá cabida ao son, raíces e danzas tradicionais

mércores, 4 ago 2010

O programa Vigo Folk comezará mañá, día 5 de agosto, coa actuación do gaiteiro vigués Álvaro Costas&Hot Band na Praza de Compostela (22:30 horas), segundo anunciou hoxe o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López. Na presentación do programa tamén participaron o presidente da Asociación Cultural Interfolc, Emilio Sotelino; e o director da escola Municipal de Danza, Wenceslao Cabezas del Toro, Polo.