Escoitar
Mobilidade, transportes e seguridade

Pechada ao tráfico a rúa López Mora

<br />

mércores, 4 ago 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a
realizar pola empresa MOVEXVIAL, estará pechada ao tráfico a rúa LÓPEZ MORA, treito entre as rúas
Pi Margall e Ourense, con acceso exclusivo para BUS VITRASA en sentido cara á rúa Pi Margall.E con
acceso exclusivo para BUSES, TAXIS e garaxes da zona, en sentido cara á Praza América.
Asemade,estará pechada ao tráfico a rúa DR. MARAÑÓN, no entronque con López Mora, dende o mércores
04 de agosto de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.