martes, 3 agosto 2010

O alcalde anuncia a apertura da ETEA as 24 horas e reclama á Xunta que retire o valado do espazo municipal

Abel Caballero anunciou hoxe martes en rolda de prensa que a antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) permanecerá aberta as 24 horas do día para "devolvela aos cidadáns" e esixíulle tamén a Xunta de Galicia a retirada no prazo máximo dun mes do valado do recinto, ou que este se axuste á propiedade autonómica. O Concello procederá á retirada se a Xunta de Galicia non o efectúa, xa que está localizado en solo municipal.

Santi Domínguez anuncia a incorporación á Fundación Vigo Convention Bureau de todos os hoteis da cidade

martes, 3 ago 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este martes a incorporación de todos os establecementos hoteleiros da cidade á Fundación Vigo Convention Bureau, así como de dez novas empresas. "Deste xeito a Fundación acada a cifra de 55 empresas colaboradoras, cando o noso obxectivo inicial era de 75 en 3 anos", destacou o nacionalista. Anunciou tamén a celebración dun novo congreso na cidade no mes de outubro.

Santi Domínguez destaca que a programación infantil mellora e se complementa co espectáculo de Bob Esponja

martes, 3 ago 2010

O programa Castro Cativo, dirixido aos máis pequenos, contará este ano cun complemento importante, segundo explicou hoxe o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, co espectáculo de Bob Esponja, que se celebrará na praia de Samil os días 4 e 5 de agosto. O teatro infantil incluído no programa Castro Cativo, que terá lugar dende hoxe ata o día 8 de agosto, trasládase ao auditorio municipal no Concello.

Xesus López salienta a presenza de grupos vigueses no concerto, o 5 de agosto, de Public Enemy

martes, 3 ago 2010

Varios grupos vigueses de hip hop terán a posibilidade de amosar o seu traballo ao público vigués no auditorio de Castrelos o día 5 de agosto a partir das 22:00 horas, antes da actuación de Public Enemy, no que é o concerto de apertura do Marisquiño. Así o explicou o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, durante a rolda de prensa de presentación do concerto.