O alcalde anuncia a apertura da ETEA as 24 horas e reclama á Xunta que retire o valado do espazo municipal
Abel Caballero anunciou hoxe martes en rolda de prensa que a antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) permanecerá aberta as 24 horas do día para "devolvela aos cidadáns" e esixíulle tamén a Xunta de Galicia a retirada no prazo máximo dun mes do valado do recinto, ou que este se axuste á propiedade autonómica. O Concello procederá á retirada se a Xunta de Galicia non o efectúa, xa que está localizado en solo municipal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a apertura das instalacións da antiga ETEA, en Teis, as 24 horas do día e a instoulle a Xunta de Galicia á retirada do valado do espazo municipal do recinto.
Así o indicou o socialista en rolda de prensa, onde asegurou que "enviei instruccións para que toda a ETEA estea aberta as 24 horas do día e que por tanto pase a ser unha zona de dominio público municipal como calquera outra da cidade" e por tanto permanecer aberta todo o día. "Hai que devolvela aos cidadáns", concluíu Caballero sobre a antiga Escola.
Por outra banda, o alcalde indicou que a Xunta de Galicia debe retirar nun mes o valado da ETEA que se situa en espazo municipal, e de non facelo será o Concello o que o retirará. As que están nas proximidades á praia de A Punta están en terreo do Concello, e o obxectivo do alcalde é que o ámbito municipal quede "aberto e expedito" para a cidadanía, e o goberno autonómico pode, "se queren", valar as instalacións autonómicas.
Descargar todas as imaxes