Escoitar

Vigo acollerá en outubro un congreso estatal sobre ensino que reunirá a 700 persoas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu hoxe xoves ao presidente da Federación Autonómica de Ensino Privado, Joaquín Pereira, entidade que engloba os colexios concertados, para dialogar sobre o "gran congreso" que acollerá Vigo do 28 de outubro ao 1 de novembro, no que daranse cita sobre 700 profesionais do ensino. Caballero indicou que "con toda probabilidade" asistirá o ministro de Educación.

xoves, 5 ago 2010
1281011734ensino.jpg
"Agrádanos porque temos especial empeño en que Vigo sexa cidade do ensino e tamén cidade de congresos", asegurou o alcalde en declaracións aos medios de comunicación. "Cooperamos cun sen número de congresos e este é dos importantes", apuntou, polo que agárdase a presenza do ministro de Educación, Ángel Gabilondo.

Sobre o ensino, o alcalde recordou que o departamento de Educación que dirixe a socialista Laura López Atrio becou este ano a 250 nenos e nenas de colexios públicos e concertados, cifra que o próximo ano o alcalde ten previsto ampliar.
Descargar todas as imaxes