xoves, 20 ago 2009
O Circo Acuático "The Cirkid", que está instalado na Avenida de Castelao dende o día 7 de agosto, xa recibiu a visita de 10.500 persoas nas primeiras 16 funcións. "The Cirkid", que aposta por un novo concepto de circo no que se aposta polas novas tendencias e intenta cubrir as necesidades do ocio infantil, enfronta os últimos días da súa presencia en Vigo, xa que rematará o próximo día 30 de agosto.
venres, 14 ago 2009
O Arquivo Pacheco edita a obra "Marca de luz" tres semanas despois de que a súa apertura ao público fóra unha realidade, segundo salientou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na súa presentación, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López, o actual director do arquivo, Vítor Vaqueiro, e o director anterior, Lois Cea. Trátase dun volume de retratos integrado por máis de 300 fotografías, que sae cunha tirada de 1.000 exemplares e que poderá adquirirse a un "prezo popular" de 22.50 euros na Casa das Artes, nos museos Verbum e Quiñones de León.
mércores, 12 ago 2009
A Semana Grande das Festas de Vigo pechará o venres día 14 con dous concertos espectaculares, para públicos ben diferenciados. Hoxe tivo lugar a rolda de prensa de presentación dos dous últimos concertos do verán 09 e a mesma asistiron o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López; a responsable da promotora Sweet Nocturna, Raquel Seijo, e o responsable da promotora Demonio Produccións, Óscar Piñeiro.
martes, 11 ago 2009
O cantante Leonard Cohen reunirá no parque de Castrelos a 25.000 espectadores, según os datos que manexa a organización: "É o auditorio máis grande posible, porque as gradas son moi grandes e ata o pazo se pode escoitar perfectamente, polo que haberá seguro 25.000 espectadores". Así o aseguraron na rolda de prensa de presentación do concerto estrela da Semana Grande das Festas de Vigo, o tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez; o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López; e o promotor Bibiano Morón.
venres, 7 ago 2009
Un total de 1.100 persoas participarán no III Certame de Orfeóns de Corais de Vigo, que terá lugar mañá sábado 8 de agosto no auditorio de Castrelos ás 22.30 horas. A entrada é gratuíta (con invitación)a ata compretar o aforo do auditorio.
venres, 7 ago 2009
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, e o representante da promotora Articket, Xavi Morón, presentaron hoxe o concerto do asturiano Melendi, que terá lugar o día 11 de agosto no Peirao de Trasatlánticos.
xoves, 6 ago 2009
O Maratón Fotográfico de Vigo, que terá lugar o domingo 9 de agosto, xa conta con máis de cen inscritos a falta de tres días para o peche da preinscrición. Un ano máis, a Agrupación Fotográfica Galega é a responsable da organización da XIV edición do marathón, que está incluida no programa de actos da Semana Grande das Festas de Verán 2009.
mércores, 5 ago 2009
O grupo Los Secretos suspende o concerto previsto para o sábado 8 de agosto, segundo informa nun comunicado enviado hoxe, debido a unha lesión do guitarrista. Pese a imposibilidade de realizar o concerto na Semana Grande de Vigo, os integrantes de Los Secretos móstranse dispostos a buscar unha data alternativa nos meses de outono.
martes, 4 ago 2009
O Festival Folclórico Internacional, que terá lugar entre os días 5 e 10 de agosto, reunirá a grupos de Asturias, Rusia, Ecuador, Kenia e Galicia, nunha cita xa emblemática nas festas do verán viguesas. Na presentación do festival, o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, recordou que "un dos obxectivos que nos plantexamos era facer unha programación o suficientemente ampla para cubrir todas as idades e públicos, que de resposta a todos os gustos e intereses"
luns, 3 ago 2009
O Circo Acuático, un novo concepto de circo, estará instalado na cidade viguesa (Avenida de Castelao) entre os días 7 e 30 de agosto. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentou hoxe xunto ao director do circo, Manuel González, este novo concepto de circo, que está ambientado nun maxestoso acuario con 50.000 libros de auga, pero tamén haberá malabares, pallasos, acróbatas... "É un circo innovador, dirixido a todas as idades, respetuoso co medioambiente, sensitivo, multicultural....", explicou o concelleiro de Cultura.