Xesus López anuncia que novo coro, Concento de Vigo, preséntase o mércores no Auditorio Municipal
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o novo coro clásico de Vigo fará a súa presentación diante do público este mércores, ás 20:30 horas, nun concerto que terá lugar no Auditorio Municipal, con entrada libre ata completar o aforo. O nacionalista explicou que esta formación, que se denominará Concento de Vigo, nace para promover o coñecemento técnico e a práctica musical entre os seus membros, pero tamén para "promocionar a ciade a través da música coral".
O coro nace co apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura. Xesus López dixo que "esta aposta" trata de cubrir un espazo baleiro ata hoxe na cidade, xa que se trata dun coro semiprofesional que aspira a consolidarse coa interpretación do máis esixente repertorio coral.
O concelleiro sinalou que logo de intensas xornadas de selección dos integrantes do coro e da preparación dun esixente repertorio chegou o momento da presentación diante do público. Os seus 25 integrantes, 13 mulleres e 12 homes, baixo a dirección de Joam Trillo interpretarán pezas da música coral universal, de alta esixencia artísticas, e tamén prestarán especial atención á música galega.
O seu director, Joam Trillo, indicou que nesta presentación se interpretará un repertorio representativo "do que son as ambicións artísticas deste coro, abarcando desde os inicios da música coral ata os nosos días. Este repertorio pretende marcar o que vai ser o futuro". Avanzou que segundo vaia acadando madurez o coro, o repertorio farase máis esixente.
Joam Trillo explicou tamén que finalmente a formación denominarase Concento de Vigo. Segundo dixo, é un nome que define moi ben o que aspira a ser este coro. "É unha palabra culta que significa cantar xuntos a varias voces e harmonicamente. E iso é ao que nos aspiramos ", sinalou.
Descargar todas as imaxes