Escoitar

O alcalde inaugura a rúa Vilagarcía na que se investiron 840.000 euros

Abel Caballero inaugurou neste luns a humanización da rúa Vilagarcía de Arousa na que o goberno local investiu preto dun millón de euros. O rexedor local definiu os traballos nesta rúa coma un "modelo" da compatibilización do tráfico coas humanizacións e asegurou que se seguirán "sen pausa" as "humanizacións en todo Vigo"

luns, 19 xul 2010
1279545705vilagarcia1.JPG
Abel Caballero percorreu esta mañá a recén renovada rúa Vilagarcía de Arousa na que se investiron 839.401 euros destinados a sustitución e renovación da rede de saneamento e abastecemento, a mobiliario urbano e as actuacións levadas a cabo en medio quilómetro de rúa.

Segundo explicou o alcalde á inauguración "é un escalón máis no proceso de humanización da cidade de Vigo" e un "modelo de actuación" na compatibilización do tráfico cos traballos de renovación que se están a acometer na cidade.

As obras realizáronse, tal e como estaba previsto, nun prazo de 6 meses e abarcaron unha superficie total de 6.600 metros cadrados, cunha superficie de beirarrúas de 3.600 metros cadrados e superficie de calzada de 3.000 m2.

Tamén instaláronse papeleiras, bancos e farolas utilizando granitos "de alta calidade", tal e como afirmou o alcalde. Caballero asegurou que "éste é un escalón máis" nun proceso de humanización que continuará "sen pausas".


Xunta de Goberno Local
O rexedor informou tamén que a Xunta de Goberno local celebrada hoxe luns aprobou os proxectos para as humanizacións das rúas Mestre Montes, Couto de San Honorato e Oporto, por un importe total de 1.022.220 euros.
Descargar todas as imaxes