Escoitar

Caballero subliña que a FAVEC poderá optar a subvencións "ao igual que outras entidades"

Abel Caballero recibiu esta mañá a nova xunta directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao coa que fixo un repaso a distintas peticións que lle prantexaron, coma a firma dun novo convenio de colaboración co Concello ou a recuperación do local da rúa Ecuador para un centro da Federación.

luns, 19 xul 2010
1279556788favec.JPG
O alcalde reuniuse esta mañá coa nova xunta directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao encabezada pola súa presidenta María Pérez. A directiva presentoulle ao alcalde unha serie de demandas para os barrios vigueses e plantexoulle a firma dun novo convenio de colaboración.

Abel Caballero que cualificou a reunión de "moi frutífera" asegurou ao término da mesma que a Federación poderá optar a subvencións "ao igual que outras entidades" e por elo emprazounos a presentar un proxecto. Así explicou que todas as asociacións ou entidades que plantexan proxectos de interese municipal reciben o apoio do Concello e o exemplificou no caso da Asociación de Corais coa que se levou adiante o Festival de Habaneras.

A Federación tamén puxo enriba da mesa a posibilidade de rescatar o local da rúa Ecuador aínda que o rexedor xa lles avanzou que os informes dos técnicos alertan de que o inmoble "non reúne as condicións mínimas de habitabilidade".

Outro dos aspectos abordados no encontro foi a Área Metropolitana no que a coincidencia entre as dúas partes é total. "Cremos que é urxente a posta en marcha da area metropolitana", dixo. Caballero tamén lembrou que durante os tres últimos anos mantén un diálogo fluido coas diversas asociacións da cidade.
Descargar todas as imaxes