venres, 29 mai 2009
A partir do 1 de xuño xa se poden mercar as entradas individuais para os concertos do 5º Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons", organizado pola concellería de Cultura e Animación Socio-cultural do concello de Vigo, a través do servizo de venda de entradas de Caixanova, na web www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O programa do festival, que arranca o 25 de xuño ás 22h coa actuación de Charles Lloyd e que se clausura o 5 de xullo coa Vienna Art Orchestra, contempla entrada de pago nos concertos que teñen lugar no Teatro Salesianos, no MARCO e no Centro Cultural Caixanova.
venres, 29 mai 2009
A Biblioteca Municipal Central, a Biblioteca Central da Universidade e a Biblioteca Central de Caixanova ampliarán os seus horarios de cara aos exames de xuño co obxectivo de "dar resposta ás necesidades e demandas dos estudantes", segundo salientou este venres o concelleiro de Cultura, Xesus López.
xoves, 28 mai 2009
A programación do "Vigo a escena" que organiza a Concellería de Cultura para o primeiro semestre do 2009 levará o teatro esta fin de semana ás parroquias de Coia, Castrelos e Matamá. A actuación prevista para mañá venres no Centro Cívico de Teis trasládase ao día 3 de xuño neste mesmo espazo, mentres que o sábado, 30 de maio, as actuacións serán protagonizadas polas compañías Títeres en Acción en Coia e Aforo Teatro en Castrelos, e o domingo 31 de maio actuará Aforo Teatro en Matamá.
mércores, 27 mai 2009
O Verbum organiza o xoves, día 28 ás 20 horas, un concerto homenaxe ao cantautor José Afonso a cargo do grupo Couple Coffee (Luanda Cozetti, voz e percusión e Norton Daiello, baixo eléctrico),<br />
para rematar coas actividades complementarias á exposición de José Afonso no Verbum. A entradaé gratuíta ata completar aforamento.
luns, 25 mai 2009
O vindeiro domingo, 31 de maio será clausurada a exposición Laxeiro, ilustracións, estampas e deseños. Unha mostra na que por primeira vez se fai unha revisión da relación de Laxeiro co mundo editorial e da obra gráfica.
xoves, 21 mai 2009
O Marco presenta no salón de actos, a partir do xoves e ata o sábado, o ‘Epílogo sobre a sensibilidade obreira’, consistente na proxección do vídeo dunha charla de José Luis Velasco, dirixente da CNT, baixo o título ‘Para os traballadores sempre hai crise’.
martes, 19 mai 2009
A Facultade de Económicas da Universidade de Vigo e o Museo Verbum-Casa das Palabras acollerán o vindeiro 5 de xuño o dobre programa organizado para celebrar o 15 aniversario do proxecto Ponte nas Ondas, no que participarán máis de 60 centros educativos galegos, portugueses e doutros países como Arxentina, Brasil, Colombia e Cuba.
O mueso organiza Liña de sal,un percorrido pola cidade onde se poderán ver todos os antigos procesos de producción e usos do sal<br />
Nas diferentes paradas poderase disfrutar de todo tipo de espectáculos coma danza, mú
venres, 15 mai 2009
O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e, con tal motivo, o Museo do Mar de Galicia organiza o vindeiro domingo, 17 de maio, unha rota con diferentes actos lúdicos e culturais baixo o nome Liña de Sal, e que trata de amosar ao público xeral os antigos procesos de producción e usos do sal en Vigo.
xoves, 14 mai 2009
O concelleiro de Cultura destacou este xoves que "o compromiso da Federación Veciñal Eduardo Chao", que organiza un total de 90 actividades ata o vindeiro 30 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas. Na presentación do programa, na que tamén participou o vogal de Cultura desta entidade, Xosé Couñago, o concelleiro nacionalista salientou que esta "intensa programación cultural" está integrada por espectáculos de música e baile, representacións de teatro, festivais, exposicións e certames
luns, 11 mai 2009
Durante 25 anos Kike Corbacho recorreu Galicia fotografando lugares da nosa terra que en moitos casos están sen descubrir.Unha escolma do seu traballo, agrupada en tres grupos -festas, paisaxes e a Galiza profunda- poderase ver do 12 ao 31 de maio no Verbum.