Escoitar

A exposición "Xoias da Colección Álvarez" prorroga a súa estadía na Casa das Artes e poderase visitar ata o 25 de abril

Diante do éxito de público que está a rexistrar, a mostra "Xoias da Colección Álvarez: Esplendor cerámico de Vigo", prorroga o seu tempo de exposición unha semana máis do inicialmente previsto. Así a mostra se poderá visitar na Casa das Artes ata o 25 de abril e non ata o día 18 como inicialmente estaba previsto. O horario de luns a venres é de 18 a 21.30 horas; os sábados de 11 a 14 horas e de 18 a 21.30 horas e os domingos e festivos de 11 a 14 horas. Para participar nas visitas guiadas é previso reservar chamando ao teléfono 986 295 070.

martes, 30 mar 2010
"Xoias da Colección Álvarez" está integrada por 180 pezas que pertencen á colección do museo da fábrica propiedade do Concello, polo que permite coñecer unha parte fundamental do patrimonio industrial de Vigo.

A exposición abarca dende a década dos 40 ata o 2001, ofrecendo un itinerario que vai dende os procesos de fabricación á decoración, tanto manual como mediante calcografía. Complétase co documental "Alvarez. O espíritu da colmea", que explica a aposta polo traballo e a innovación desenvolvido polo que foi xerente do Grupo de Empresas Álvarez dende 1941 a 1975, Moisés Álvarez O'Farril, co que acadou a súa máxima puxanza.