mércores, 31 marzo 2010

O alcalde anuncia a adxudicación de direccións de obras de humanización en Vigo por valor de 9,2 millóns de euros

Segundo informou este mércores Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local validou a adxudicación provisional de direccións de obras de humanización en cinco rúas da cidade por valor total de 9,2 millóns de euros, con cargo ao Plan E do Goberno de España para 2010. O alcalde anunciou asemade que a próxima semana terá lugar a aprobación definitiva dos orzamentos municipais, que inclúen 25 millóns de euros máis de investimentos.

O plan expositivo do Museo da Cidade inclúe tres grandes exposicións para poñer en valor a historia de Vigo

mércores, 31 mar 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe o Plan Expositivo do Museo da Cidade para este ano, que terá como eixo fundamental a posta en valor da historia de Vigo a través de tres grandes exposicións. "Vigo, o nacemento dunha cidade: 1810-1910" e "Vigo durante o século XX" serán as exposicións que se poderán ver no Pazo de Castrelos dende o 22 de novembro, e a elas se sumará "O novo Museo da Cidade", que se abrirá no mes de outubro na Casa das Artes.

O alcalde asegurou que o parque infantil de Independencia verá triplicado o seu tamaño

mércores, 31 mar 2010

Abel Caballero visitou este mércores o parque infantil da Praza da Independencia, que xa viu duplicado o seu tamaño pasando dos 80 metros cadrados iniciais aos case 160 actuais. O rexedor anunciou que o parque experimentará unha nova ampliación que lle permitirá triplicar a súa superficie. Caballero recordou que en 2009 ampliáronse e construíronse 50 parques infantís e, en 2010, Vigo sumará 30 novos e ampliará 25.

Santi Domínguez anuncia que xa están a venda as entradas para o concerto de Alejandro Sanz o 22 de maio no Ifevi

mércores, 31 mar 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores que o vindeiro 22 de maio actuará Alejandro Sanz no Ifevi, onde presentará o seu último disco "Paraíso expréss". Na presentación do concerto, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López, o xerente do recinto feiral, Arsenio prieto, e o promotor Jesús Manzano, o nacionalista salientou que Sanz é "o mellor cantante español de nivel internacional que se pode presentar" na actualidade. Xa están á venda 10.000 entradas, a un prezo de 30 euros a entrada xeral e 55 euros a correspondente ao "Espazo Paraíso", para a que estarán dispoñibles 600 entradas.

Caballero comunicoulle aos traballadores a solicitude dunha reunión co SERGAS e a Cruz Vermella para evitar o peche do hospital de Vigo

mércores, 31 mar 2010

Tras unha concentración á porta do Concello, o alcalde conversou cos traballadores e comunicoulles que solicitará unha reunión a tres bandas entre o Concello, o SERGAS e a Cruz Vermella -solicitada polo persoal- para evitar o peche do hospital de Cánovas del Castillo. Abel Caballero demandou que "permaneza aberto" pois é "necesario em termos sanitarios e laborais".

O Verbum organiza un obradoiro de lectura

mércores, 31 mar 2010

Está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro "Identidade e diferenza na literatura. Obradoiro de lectura" que terá lugar no Verbum Casa das Palabras tódalas tardes do mes de abril a partir do vindeiro martes 6. O obradoiro diríxese a todo tipo de público interesado na temática proposta e con querenza pola lectura, ten inscrición gratuíta,cun aforo de 40 persoas.<br />

Anuncio de Mobilidade

Peche ao tráfico da rúa Subida á Rola

mércores, 31 mar 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico a rúa SUBIDA Á ROLA, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 05 de abril de 2010 ás 10:00 horas e por un períodoaproximado de dous días.