Escoitar

Caballero comunicoulle aos traballadores a solicitude dunha reunión co SERGAS e a Cruz Vermella para evitar o peche do hospital de Vigo

Tras unha concentración á porta do Concello, o alcalde conversou cos traballadores e comunicoulles que solicitará unha reunión a tres bandas entre o Concello, o SERGAS e a Cruz Vermella -solicitada polo persoal- para evitar o peche do hospital de Cánovas del Castillo. Abel Caballero demandou que "permaneza aberto" pois é "necesario em termos sanitarios e laborais".

mércores, 31 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, transmitíu este mércores aos traballadores do hospital vigués da Cruz Vermella que solicitará unha reunión a tres bandas entre o Concello, a entidade e o SERGAS para evitar o peche do centro de Cánovas del Castillo.

O rexedor socialista adquiriu este compromiso tras unha conversa mantida cos empregados do hospital na lonxa do Concello, onde concentráronse esta mañá. Abel Caballero mostroulles o seu "apoio incondicional" para que o centro "permaneza aberto", pois é "necesario en termos sanitarios e laborais".O alcalde avogou polo "mantemento do hospital nas condicións nas que viña traballando" xa que acolle a uns 80 enfermos de longa duración e da emprego a uns 80 traballadores.

Caballero recordou que xa remitiu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, unha carta reclamándolle unha solución que evite o peche do hospital, misiva da que o alcalde non obtivo resposta, segundo denunciou. O alcalde tamén remitiu á Cruz Vermella un escrito informándolles de que, de pechar o centro hospitalario, o Concello solicitaría a reversión do edificio, cedido polo municipio unicamente para fins sanitarios. A entidade contestou que o estudaría.