O alcalde asegurou que o parque infantil de Independencia verá triplicado o seu tamaño
Abel Caballero visitou este mércores o parque infantil da Praza da Independencia, que xa viu duplicado o seu tamaño pasando dos 80 metros cadrados iniciais aos case 160 actuais. O rexedor anunciou que o parque experimentará unha nova ampliación que lle permitirá triplicar a súa superficie. Caballero recordou que en 2009 ampliáronse e construíronse 50 parques infantís e, en 2010, Vigo sumará 30 novos e ampliará 25.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o parque infantil da Praza da Independencia verá triplicado o seu tamaño con respecto ao orixinal.
O rexedor socialista visitou esta mañá o parque, que actualmente xa duplicou a súa superficie, pasando dos 80 metros cadrados iniciais aos 154 da actualidade. O Concello xa ten prevista a segunda fase de ampliación que permitirá sumar outros 80 metros cadrados aproximadamente ao parque.
O alcalde indicou que a ampliación xa realizada permite ao espazo infantil contar con novos xogos, bancos e un axardinamento adicional. A segunda fase da mesma débese á "densidade de poboación" na zona.
Abel Caballero recordou as cifras do plan municipal de mellora dos parques infantís, proxecto polo que no pasado ano 2009 xa se ampliaron e/ou crearon un total de 50 parques infantís, e no 2010 Vigo disporá de 30 parques novos e 25 máis ampliados.
Descargar todas as imaxes