Escoitar

O Verbum organiza un obradoiro de lectura

Está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro "Identidade e diferenza na literatura. Obradoiro de lectura" que terá lugar no Verbum Casa das Palabras tódalas tardes do mes de abril a partir do vindeiro martes 6. O obradoiro diríxese a todo tipo de público interesado na temática proposta e con querenza pola lectura, ten inscrición gratuíta,cun aforo de 40 persoas.<br />

mércores, 31 mar 2010
1270034166obradoirodelectura.jpg
Asumindo a problemática que a construción da identidade implica, non só na adolescencia, senón tamén no que respecta aos nosos roles de xénero, sexuais, etc. na continua reestruturación da personalidade que imos facendo ao longo das diversas etapas da nosa vida, cremos que a literatura é un bo camiño para amosar vías diversas de construción da mesma, e todo o que está detrás delas

Por iso proponse un obradoiro de lectura con catro módulos que investigarán de diversos xeitos as influencias presentes na nosa construción da identidade. Exemplos destas achegas son a procura da figura do "dobre", a construción do xénero, a figura do "outro" ou o papel da diferenza con respecto á identidade.

O obradoiro diríxese a todo tipo de público interesado na temática proposta e con querenza pola lectura. O obradoiro elabórano os investigadores/as do colectivo Proxecto Derriba tratando de que a precisión técnica non sexa un impedimento para o seu carácter pedagóxico.

O obradoiro ten inscrición gratuíta. O aforo do mesmo será de 40 persoas. As inscricións poderán
enviarse por correo electrónico ao seguinte enderezo verbum@vigo.org
Descargar todas as imaxes

Máis información