O Concello recuperará as sendas principais dos xardíns de Pereiró
O proxecto da Concellería de Limpeza, Parques e Xardíns conta cun orzamento cercano aos 300.000 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local do Goberno de España. A Concellería, dirixida pola socialista Raquel Díaz, acometerá ademáis a reparación de varios elementos destes xardíns que nestes momentos están deteriorados polo paso do tempo.
O Concello de Vigo levará adiante a reparación e recuperación das sendas principais dos xardíns de Pereiró, dotacións que formaron parte do patrimonio histórico e paisaxístico da cidade. A concellería de Limpeza, Parques e Xardíns, dirixida pola socialista Raquel Díaz, acometerá ademáis a reparación de varios elementos destes xardíns que nestes momentos están deteriorados polo paso do tempo.
O proxecto "Protección e Conservación do Patrimonio Histórico e Paisaxístico dos Xardíns de Pereiró" conta cun orzamento de 289.189 euros con cargo ao Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local (FESSL). As previsións apuntan ao mes de maio para o inicio das obras e ao mes de setembro para o final da execución.
Para realizar as reparacións citadas procederáse a renovar as sendas peonís con extensión de xabre e mellorar a capa de rodadura das sendas que conducen ata a entrada do cemiterio. Ademáis, segundo os datos recollidos do proxecto, aproveitarase a actuación para acondicionar os elementos vexetais e os parterres. A obra dará emprego a cinco persoas a xornada completa durante os catro meses que duran as actuacións.
Descargar todas as imaxes