Gaspar Zarrías confirma que Vigo ten validados todos os proxectos presentados ao FEESL
O secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, confirmou hoxe na cidade que Vigo ten validadaos todos os proxectos presentados polo Concello ao Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local (FEESL). Zarrías asegurou que "Vigo cumpriu cos requisitos da nova tipología" do fondo; tipoloxía que o Goberno quere que xire cara a sostenibilidade desde o punto de vista económico, social e ambiental, na liña dos parámetros do texto da Lei de Economía Sostible aprobada recentemente polo Consello de Ministros. Segundo explicou o Secretario de Estado os concellos teñen un papel fundamental no desenvolvemento desta lei.
Gaspar Zarrías estivo no Concello nunha visita oficial, ónde fixo balance do primer Fondo Estatal en Galicia, e posteriormente trasladouse ao pabellón polideportivo de Navia, obra realizada con cargo a este Fondo Estatal de Inversión Local. Así, asegurou que os cartos do chamado Plan Zapatero "empregáronse ben e seguirán empregándose ben no fondo que estamos empezando a executar agora".
Neste sentido o alcalde vigués explicou que a inversión do Goberno de España supuxo para a cidade de Vigo 52 millóns de euros no 2009 e 32 millóns no 2010, o que permitiu "un cambio na trasnformación cidadá sin precedentes e con capacidade para crear emprego". De feito, e segundo os datos aportados por Abel Caballero, o pasado ano creáronse 5.000 postos de traballos directos e indirectos aos que se sumarán outros 3.000 deste ano.
A suma das cifras económicas son significativas e nos dous anos o Goberno de España preve deixar en Galicia unha inversión cercana aos 800 millóns de euros. En 2010 os concellos galegos contarán con 300,9 millóns para 2.002 proxectos do Fondo Estatal.
Zarrías quixo destacar tamén que "nunca un goberno fixera un esforzo tan importante de axuda e apoio" aos concellos. Recoñeceu ademáis a capacidade do Concello vigués para "para cumprir os obxectivos" que se marcou o executivo. Entre eles, dinamizar a actividade económica local, con especial atención ao sector da construcción, que as empresas que manteñen actividade económica creen emprego ou o manteñan ou que todo elo revirta no beneficio dos cidadáns con mellores infraestruturas e maior habitabilidade.
Descargar todas as imaxes