Escoitar
Anuncio da Xerencia Municipal de Urbanismo

Aprobación inicial do proxecto de urbanización perpendicular á rúa Canido

venres, 26 mar 2010
A Xunta de Goberno Local en sesión do 8 de marzo de 2010 acordou de conformidade cos informes técnicos que constan no Expediente nº 4923/401, aprobar inicialmente o «Proxecto de urbanización de vial perpendicular á rúa Canido» (nº 143) promovido polas mercantís "Inmobiliaria Meridional Gallega, S.L." e "Urbavigo, S.A." e redactado polo arquitecto D. Pedro de la Puente Crespo, con planos visados polo COAG en datas 18.05.2009 e 22.07.2009, cun orzamento de execución por contrata de 104.521,96 €; cantidade que deberá ser garantida mediante aval bancario antes da aprobación definitiva do proxecto.

Sométese o expediente número 4923/401 ao trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante a publicación de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, para todas e todos aqueles interesados directamente afectadoss que por resultar descoñecidos ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.