O Concello incorpora 12 autobuses accesibles en virtude do acordo coa FEMP e o Ministerio de Traballo

luns, 28 feb 2005

A adhesión do Concello de Vigo ao convenio entre a FEMP e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais en materia de accesibilidade ao transporte público permite a incorporación de 12 autobuses cunha subvención de 90.151 euros. A Xunta de Goberno aprobou así mesmo, en materia de muller, un convenio coa Rede de Mulleres Veciñais e outro con Feministas Independentes Galegas.

Xunta de Goberno Local

venres, 28 xan 2005

Convócase a Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 31 de xaneiro de 2005, quince minutos despois da sesión plenaria convocada para o mesmo día en 1ª convocatoria e trinta minutos despois en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.