Escoitar

Concentración silenciosa da Corporación Municipal ás portas do Concello

mércores, 9 feb 2005
A Corporación Municipal do Concello de Vigo concentrouse na praza do Rei e gardou un minuto de silencio en solidariedade coa última víctima de violencia de xénero, a pamplonesa Berta Beunza Martínez, de 22 anos de idade e morta de dous disparos de escopeta. O autor do asasinato foi outro mozo de 26 anos, que ao parecer mantivo unha relación sentimental coa falecida, e suicidouse despois de cometer o crime.