A Corporación gardou un minuto de silencio en memoria dos falecidos no accidente aéreo

mércores, 25 mar 2015

Na Praza do Rei gardóuse este mércores un minuto de silencio, por acordo dos tres grupos municipais, en memoria dos falecidos no accidente do voo de Germanwings no que viaxaban 150 persoas. O alcalde decretara onte tres días de loito oficial e anunciou esta mañá o aprazamento da gala de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos 2015, prevista para a tarde deste xoves, que se celebrará despois da Semana Santa.

O Concello outorgará a Medalla da Cidade ás empresas do sector da automoción

mércores, 25 mar 2015

Todos os grupos municipais acordaron hoxe martes outorgar ás empresas do sector da automoción a Medalla da Cidade e nomear como Vigués Distinguido á asociación do Alzheimer Afaga. O resto dos galardoados neste 2015 serán Vanessa Lage e Vicente Allo, policías vítimas no atraco nunha sucursal bancaria en O Calvario, o escritor e activista social Carlos Mañas, o xesuíta José Bailón, o Hospital Meixoeiro, o dominico Emilio Suárez e A Plataforma de Afectados pola Hepatite C.

A Corporación rinde homenaxe as vítimas do 11-M cunha concentración silenciosa

martes, 11 mar 2014

A Praza do Rei acolleu esta mañá unha concentración silenciosa na que participaron todos os grupos políticos en memoria das víctimas do atentado do 11-M. O segundo tentente de alcalde resaltou ao inicio dos tres minutos de silencio que "nin España, nin Galicia nin Vigo olvida ese tráxico suceso" cando se cumpre o décimo aniversario do falecemento de 192 persoas. O Concello de Vigo sumouse, deste xeito, á chamada da Fundación de Vítimas do Terrorismo e da FEMP.