Escoitar

Vigo prepárase para acoller os actos programados con motivo da procesión do Cristo da Victoria

O sábado terá lugar a lectura ao pregón do Cristo ás 13.00 horas no pazo-museo Quiñones de León, mentras que a procesión celebrarase o domingo, 7 de agosto, ás 19.30 horas.

venres, 5 ago 2016
1470395637cristo.JPG
Como cada ano, Vigo vístese de gala para celebrar os actos do Santísimo Cristo da Victoria, considerado por unha gran maioría, patrón dos vigueses.

O sábado, 6 de agosto, terá lugar a lectura do pregón do Cristo ás 13.00 horas no pazo-museo Quiñones de León, que correrá a cargo do seu autor, José María Fonseca Moretón. Ao acto estarán convidadas as autoridades e cargos máis destacados da cidade.

Pero será o domingo cando teña lugar unha das procesións máis multitudinarias de Galicia, a do Cristo da Victoria, que percorrerá as rúas de Vigo dende as 19.30 horas.

Este ano, a encargada de portar o pendón do Cristo será a concelleira máis xove da corporacion, Ana Laura Iglesias.

Seguindo o protocolo habitual a imaxe do Cristo sairá da Colexiata para percorrer as seguintes rúas: Real, Berbés, San Francisco, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepcion Arenal, Colón, Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde terá lugar a ofrenda floral e o himno, para recollerse maís tarde pola praza da Constitución e Triunfo.
Descargar todas as imaxes