Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 4 ago 2016

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 5 DE AGOSTO DE 2016.


1.- Actas das sesións ordinaria do 01/07, extraordinaria e urxente do 04/07, ordinaria do 08/07, dúas extraordinarias e urxentes do 08/07, ordinaria do 15/07 e extraordinaria e urxente do 15/07/2016.

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
2.- Expediente de contratación para a adquisición de equipos PC"s de sobremesa, monitores e tabletas. Expte. 7854/113.

BENESTAR SOCIAL
3.- Solicitude de subvención a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de programas cara á inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión. Expte. 129301/301.

CONTRATACIÓN
4.- Proposta de adxudicación, expediente de contratación do servizo de colaboración integral na Xestión Recadatoria. Expte. 16026/541.

DEPORTES
5.- Solicitude de autorización para a organización da "III Carreira 24 horas de Vigo" os días 27 e 28 de agosto. Expte. 15043/333.

6.- Solicitude de autorización para a organización do "XLIII Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo" os días 27 e 28 de agosto. Expte. 15218/333.

EDUCACIÓN
7.- Proposta de solicitude ao Centro Asociado da UNED, de ampliación de grados universitarios na Aula UNED de Vigo. Expte. 17054/332.

8.- Solicitude de subvención á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia cara á realización de investimentos na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís. Expte. 18229/332.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
9.- Proxecto de convenio de colaboración coa AVCD "Monte da Mina" de Castrelos para o desenvolvemento das súas actividades. Expte. 7354/320.

RECURSOS HUMANOS
10.- Corrección erro acordo XGL do 15/07/16 no expte. 28270/220, de produtividade por toxicidade das brigadas de pavimentación dos Servizos de Vías e Obras e Parque Móbil. Expte. 25005/220.

11.- Dar conta: Relación de Resolucións asinadas polo concelleiro-delegado de Xestión Municipal.

SERVIZO DA ÁREA DE CULTURA
12.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo servizo Cultura. Expte. 928/330.

13.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo servizo de Museos Municipais. Expte. 1597/341.

14.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 5 de agosto de 2016, ás 10:00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (11:00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á secretaria do Goberno e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Mª Isaura Abelairas Rodríguez.