Escoitar

O rexedor propoñeralle ao Porto renegociar o canon de uso do campo de fútbol do Rápido de Bouzas

Tras manter un encontro coa xunta directiva do Club, Abel Caballero reiterou o apoio do goberno municipal á entidade deportiva a quen destina, dixo, unha "cantidade de recursos moi significativa" aínda que lamentou que unha parte teña que destinarse a aboar á Autoridade Portuaria 30.000 euros anuais polo canon de uso do estadio.

venres, 5 ago 2016
1470401852rapido.JPG
O alcalde reuniuse este venres coa xunta directiva do Rápido de Bouzas con quen abordou a situación actual e o mantemento da cooperación municipal cunha "cantidade de recursos moi significativa", que "seguirá", sinalou, porque a entidade desenvolve un labor de base "importantísima".

Caballero lamentou que o club deba aboar 30.000 euros anuais á Autoridade Portuaria de Vigo polo canon de uso do campo de fútbol, polo que anunciou que lle propoñerá "renegociar esta taxa" ao presidente do Porto para que poida recibila o Club e non ter que pagala como ocorre nestes momentos. Engadiu que esta situación acontece tamén no caso do Pavillón de Deportes e do IES de Bouzas. Por tanto, dixo, "falareino amistosamente para tratar de chegar a un acordo".
Descargar todas as imaxes