A candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, no barco "Sinegia 40 Movistar"
O alcalde de Vigo eloxiou este venres a Pedro Campos e ao seu equipo xa que o barco, que compite na 35ª Copa do Rei Mapfre e vai líder absoluto da división BMW ORC 2, loce o logotipo da candidatura do arquipélago vigués a Patrimonio da Humanidade. Este patrocinio ten custo cero para o Concello, o que Abel Caballero agradeceu no nome da cidade.
Trátase "dun dos barcos de máis capacidade competitiva na máxima categoría", explicou o rexedor vigués, "con millóns de persoas véndoo". Caballero agradeceu "moitísimo" a Pedro Campos esta iniciativa a custo cero para as arcas municipais.
Descargar todas as imaxes