Escoitar

Abel Caballero investido alcalde de Vigo por terceiro mandato consecutivo

O candidato socialista Abel Caballero é dende o 13 de xuño alcalde de Vigo por terceiro mandato consecutivo, gracias ao apoio dos 17 concelleiros e concelleiras do seu grupo. O acto de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celebrouse ás once do mediodía no auditorio do Concello, habilitado para a ocasión como sala de plenos.<br /> <br /> <br />

sábado, 13 xuñ 2015
1434196448_MGT9819.JPG
Como sinala a lei, formouse en primeiro lugar a mesa de idade que dirixiu a sesión, integrada polos concelleiros electos de maior e menor idade, Abel Caballero Álvarez e Ana Laura Iglesias, e asumiu a presidencia da mesa o membro de máis idade. A mesa comprobou as credenciais presentadas coa certificación remitida ao Concello pola Xunta Electoral de Zona.

A seguir, os concelleiros e concelleiras xuraron ou prometeron o seu cargo mediante a fórmula legalmente prevista de acatamento da Constitución. Quedou así constituída a Corporación, formada por 27 membros, 17 do PSdG-PSOE, 7 do PP e 3 MAREA , e escolleuse o sistema ordinario (á man alzada) para elixir o alcalde. Logo dunha quenda de intervencións onde os voceiros dos grupos expuxeron as súas intencións, procedeuse á votación. Nela Abel Caballero recibiu 17 votos, Elena Muñoz 7 e Rubén Pçerez 3.

Desta forma, Ana Laura Iglesias entregoulle a vara de mando a Abel Caballero. A seguir, o socialista xurou o seu cargo de alcalde sobre a Constitución. Logo o alcalde, Abel Caballero dirixius as persoas que asistiron ao pleno na súa alocución no cargo.
1434196448_MGT9819.JPG
1434196507_MGT9866.JPG
Descargar todas as imaxes