xoves, 11 xuño 2015

O Concello coopera coa AECC na realización dun programa psicosocial para o doente e a familia

xoves, 11 xuñ 2015

O alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración entre Concello e a Asociación Española contra o Cancro por valor de 7.000 euros. O obxectivo é realizar un programa de atención psicosocial para o doente e os familiares. A AECC, que é Medalla de Ouro da cidade, ten previsto implementar programas de intervención individual, grupal e social, actividades para o tempo de ocio, programas de voluntariado testimonial ou de inserción laboral.