Escoitar

Caballero avanza que o ascensor inclinado de Menéndez Pelayo funcionará en setembro

O alcalde supervisou hoxe xoves a evolución das obras do ascensor inclinado que unirá Menéndez Pelayo e Camelias e que, previsiblemente entrará en funcionamento no mes de setembro. Durante a visita, lembrou que o goberno local vai a seguir a traballar no proxecto do Vigo vertical para superar as dificultades da orografía viguesa.

xoves, 11 xuñ 2015
1434024876ascensor.JPG
O goberno de Vigo continúa traballando no Vigo vertical, coa previsión de que o ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez empece a funcionar en setembro. Unirá Menéndez Pelayo e Camelias, con 32 metros de percorrido, que permitirá salvar unha altura de 20 metros. Segundo lembrou esta maña de xoves o rexedor, a capacidade de carga será de 25 persoas, facendo posible o desprazamento de máis de 1.700 persoas por hora.

Cun orzamento de 490.000 euros, Caballero cualificou a obra de "investimento social e económico moi rendible" porque supón a conexión de dúas zonas da cidade moi importantes que ata o de agora non tiñan conectividade "parecían separadas por 50 km", exemplificou. Segundo o rexedor, proxectos como este elevador supoñen outro xeito de entender a mobilidade, salvando as dificultades orográficas. Tras as escaleiras mecánicas de Segunda Repúblicas -pendentes da terceira fase-, este ascensor é unha nova mostra da aposta do goberno local por seguir a traballar no Vigo vertical. Caballero explicou que o elevador estáse a construir nunha empresa do Parque Tecnolóxico, cun deseño singular para estas obra "que ten grande dificultade técnica".
Descargar todas as imaxes