O Concello incorpora 12 autobuses accesibles en virtude do acordo coa FEMP e o Ministerio de Traballo
A adhesión do Concello de Vigo ao convenio entre a FEMP e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais en materia de accesibilidade ao transporte público permite a incorporación de 12 autobuses cunha subvención de 90.151 euros. A Xunta de Goberno aprobou así mesmo, en materia de muller, un convenio coa Rede de Mulleres Veciñais e outro con Feministas Independentes Galegas.
A Xunta de Goberno Local asinou a delegación de competencias a Marta Iglesias Bueno que comezará a traballar como delegada nas áreas de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social. Así mesmo a Xunta acordou delegar no concelleiro Ignacio López Chaves as competencias derivadas do departamento de Patrimonio Histórico.
En materia de Mobilidade e Seguridade, a Xunta acordou a adhesión do Concello ao convenio de colaboración co Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e maila Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a promoción da accesibilidade no transporte en bus. O Concello solicitou en setembro de 2004 a adhesión a este programa que desenvolven o Inserso e a FEMP sendo aprobada a incorporación de 12 autobuses accesibles á flota (6 vehículos estándar, 2 pequenos e 2 articulados), dos cales 10 son asignados para recibir unha achega de 90.151,80 euros.
A Xunta deu luz verde ao convenio de colaboración entre a concellería de Muller e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo" autorizando un gasto de 9.000 euros para apoiar o mantemento da rede de mediadoras. Esta rede nace en 1997 a través dun grupo de mulleres vinculadas ao movemento veciñal que deciden traballar de xeito voluntario como mediadoras nos casos de violencia de xénero ofrecendo a súa axuda nos ámbitos psicosocial, xurídico e policial. Os fins da Rede son, entre outros: traballar na prevención dos malos tratos, asistir ás mulleres maltratadas, difundir os valores de igualdade sen discriminación por razón de xénero, defender os dereitos e intereses das mulleres maltratadas e potenciar o benestar social e a calidade de vida das mulleres. Considerando que estes fines se corresponden cos intereses da concellería da Muller, a Xunta de Goberno autorizou dito convenio.
Seguindo no área de Muller, a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e Feministas Independentes Galegas para a organización e difusión do III Premio de Investigación e a coedición do número 20 da revista "Festa da palabra investigación" elaborada pola asociación. A concellería da Muller resolve deste xeito a súa intención de promover iniciativas no campo da investigación que teñan por obxecto a recuperación e divulgación da contribución feita polas mulleres na historia e a súa contribución á sociedade galega do século XX. O colectivo Feministas Independentes Galegas percibirá 13.220 euros para a organización, difusión e dotación económica do "III Premio de investigación Festa da Palabra", así como a selección, traducción, revisión e maquetación da revista onde se publicará a investigación gañadora.
A Xunta aprobou unha serie de modificacións no programa formativo da Casa do Cesteiro para o ano 2005 que afectan á organización actual dos contidos e aos procedementos de avaliación e selección dos alumnos. Despois de cinco anos desenvolvendo un extenso programa formativo en cestería tradicional e como consecuencia da experiencia adquirida, a Casa do Cesteiro vese na necesidade de modificar e ampliar a presente estructura do programa formativo de xeito que se axuste ás circunstancias actuais.