Escoitar

Pleno da Corporación

O luns 28 de febreiro terá lugar no Concello de Vigo un Pleno extraordinario para tratar o asunto da concesión da medalla de ouro da cidade ao Complexo Hospitalario Xeral-Cíes con motivo do seu cinconta aniversario. A continuación celebrarase o Pleno ordinario da Corporación.

venres, 25 feb 2005
ORDE DO DIA para a sesión ordinaria que terá lugar o día 28 de febreiro de 2005, ás nove horas, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Acta anterior. (Sesión ordinaria 27.12.04)

ALCALDIA
2.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 21.02.05 de nomeamento de Dª Marta Iglesias Bueno como integrante da Xunta de Goberno Local.

3.- Dar conta de resolución da Alcaldía do 21.02.05 de delegación de funcións en Dª Marta Iglesias Bueno.

4.- Dar conta de resolución da Alcaldía do 21.02.05 modificando a súa resolución de delegacións de data 02.01.04.

5.- Dar conta de escrito do Grupo do BNG comunicando cambios dos seus representantes nas diferentes comisións informativas.

6.- Proposta da Alcaldía de retribucións para a membro da Xunta de Goberno Local que non ostenta a condición de concelleira.

7.- Proposta da Alcaldía de nomeamento de representantes municipais no Consorcio Casco Vello de Vigo.

8.- Escritos do Grupo municipal do BNG de cambios de representantes nos seguintes organismos municipais:

a) Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.
b) Instituto Municipal dos Deportes.
c) Parque das Ciencias Vigozoo.
d) Padroado do Museo Quiñones de León.
e) Xunta Local de Prezos e Mercados.
f) Pleno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
9.- Aprobación provisional da modificación puntual núm. 26 do PXOU, relativa á ordenación de viais na zona de Meixoeiro-Bembrive e accesos ó hospital do Meixoeiro. Expte. 7545/411.

10.- Declaración de nulidade do acordo plenario do 27 de novembro de 1992, sobre convenio de cesión para vial de circunvalación, concluido con "Miraflores Vigo, S.A.", e determinación das indemnizacións procedentes. Caducidade do procedemento e incoación de novo expediente.

XESTIÓN MUNICIPAL
11.- Resolución de alegacións e aprobación definitiva do orzamento xeral para o exercicio do ano 2005 do Concello e dos seus organismos autónomos.

12.- Dar conta de indemnización substitutiva por importe de 21.506,16 € a favor da empresa Global Sales Solutións Lines, S.L., pola prestación dos servizos de información a través do teléfono 010. Expte. 570.321.

13.- Dar conta de indemnización substitutiva por importe de 28.506,16 € a favor de Francisco Cardama, S.A., polo mantemento básico e estancia no varadero do buque municipal "Bernardo Alfageme". Expte. 2612/307.

14.- Rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos no seu epígrafe 1, vías públicas, dando de baixa a rúa Figuerido no tramo que discorre dende a rúa Tui, nunha lonxitude de 55,66 metros liñais e unha anchura de 5,42 m. Expte. 15632/240.

15.- Desafectación do elemento 2 da parcela de propiedade municipal núm. 136. Expte. 17143/240.

MOCIÓNS
16.- Moción do Grupo municipal do PG relativa a instar ó Ministerio de Fomento a construcción de falsos túneles no II cinto.

17.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa á redacción do novo Estatuto de Galicia.

18.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a adoptar medidas para resolver a inseguridade no contorno da Biblioteca Municipal.

19.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa a nova conexión do II cinto coa Estrada de Camposancos.

20.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a urxente reparación da rúa Dr. Corbal en Teis.

21.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a realización de políticas tendendes á consecución de igualdade de oportunidades e de trato entre homes e mulleres.

22.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE para que se inicien as tarefas de elaboración dun inventario de bens de titulariedade municipal.

23.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á incorporación do Ministerio de Cultura ó Padroado do MARCO.

24.- Rogos e Preguntas.