Escoitar

O Concurso-Exposición da Camelia enche de cor as instalacións da Zona Franca

A 41ª edición do Concurso-Exposición da Camelia trae a Vigo a posibilidade de comprobar a gran variedade de tamaños, cores e formas desta planta tan adaptada ao clima atlántico, símbolo das Rías Baixas e presente nas nosas rúas e nos nosos parques.

venres, 25 feb 2005
1109344103camelia.jpg
O Concurso-Exposición da Camelia reúne en Vigo cada tres anos a profesionais e afeccionados ao cultivo desta flor, así como a comerciantes e particulares. Todos eles acoden a esta cita organizada polo Concello e que se celebra o 26 e o 27 de febreiro nas instalacións do Consorcio da Zona Franca.

O venres, o xurado do concurso da Camelia realizou a partir das 12'00 horas a visita á decena de estabrecementos comerciais da cidade que se inscribiron para o concurso de escaparates, e por unanimidade decidiu conceder o primeriro premio á Floristería Galería Tienda-Jardín, da rúa Paraguai nº4, que utilizou motivos de decoración de ‘ikebana’. O segundo premio foi para a Confitería Igleper, da rúa Venezuela nº19, con motivos de decoración pasteleira.

A camelia é un xénero proveniente de Asia Orinetal, sendo o 90% das especies coñecidas na actualidade orixinarias de China. Hoxe en día esta planta está plenamente adaptada ao noso clima atlántico e abunda nas rúas e nos parques de Vigo. Tanto é así que o regalo que lle fixo o Concello aos príncipes de Asturias polo seu enlace foi precisamente un camelio.

Parece ser que os primeiros en introducir a camelia en Europa foron os portugueses, no século XVI, ou talvez os ingleses, que levaron a variedade Alba Plena en 1792. Desde Portugal, Italia, Bélxica ou Francia a camelia chegou a España, concretamente a Galicia, e desde Inglaterra foi difundida a outros países, incluída Australia.

A facilidade de hibridación entre as variedades de camelia dá lugar a gran cantidade de híbridos con características propias comomaior resistencia a condicións climáticas adversas ou maior producción de flores.

Cada vez é maior o número de persoas interesadas nestas plantas que embelecen os nosos xardíns en outono e inverno. Ata hai poucos anos este interese limitábase, dentro do territorio español, exclusivamente a Galicia, e moi particularmente ás Rías Baixas, onde a climatoloxía e acidez do terreno favorecen o seu cultivo.

Dentro do Concurso-Exposición da Camelia celébrase outórgase tamén o premio especial "Antonio Odriozola" á mellor flor. Antonio Odriozola, que naceu en Vitoria pero pasou en Galicia a maior parte da súa vida, sobresaiu polas súas publicacións no campo da floricultura, onde se inclúen numerosos traballos sobre a historia, variedades e cultivo da camelia.

Antonio Odriozola
Antonio Odriozola Pietas naceu na Granxa Modelo que dirixía seu pai nas proximidades de Vitoría en 1911 e morreu en 1987. Residiu en Pontevedra dende o ano 1940 aproximadamente e foi bibliotecario da Misión Biolóxica de Pontevedra ata a súa xubilación no ano 1981. Dictou cursos sobre floricultura e a xardinaxe no Centro Forestal de Lourizán, sobre incunables e libros raros nos organizados en 1976 para os aprobados nas oposicións estatais de bibliotecarios; sobre Bibliografía nos organizados en 1979 pola Universidade a Distancia e o Museo de Pontevedra e sobre incunables en 1980, invitado pola cátedra de Literatura da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela

Antonio Odriozola foi membro do Padroado do Museo de Pontevedra, do Instituto "Padre Sarmiento" de Estudios Galegos, Presidente da Sociedade de Bibliófilos Galegos, académico correspondente en Pontevedra das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando e da historia e pouco antes do seu falecemento fora proposto para correspondente da Real Academia Galega.

Entre as súas moitas publicacións cabe salienta-las seguintes no campo da floricultura: No ano 1959 publica Flores, Libros e Música de Lisboa, no ano1967 publica "Pequeña Historia de la Camelia", en 1968 "Catálogo de la exposición bibliográfica y bibliografía sobre la Camelia" en 1971 "La Camelia y sus Exposiciones en las Rías Bajas", en 1974 "Viejas Camelias de Pontevedra", no ano 1977 "La Camelia en Galicia: XIII Concurso", no ano 1978 "Últimas Publicacións en torno a la Camelia", en 1980 "Variedades da Camelia", en 1985 "El próximo Concurso-Exposición de la Camelia en Villagarcía y la Camelia amarilla", ata un total de 276 publicacións sobre as materias que el desenvolvía como así se recolle nun folleto que lle dedica o Museo de Pontevedra en homenaxe a esta entrañable persoa.
Descargar todas as imaxes