Corina Porrro entrevistouse con Pablo Conde, o novo xerente de Provigo
Esta visita de protocolo serviu para que ambos decidisen unha data para o próximo patronato e revisar a orde do día do mesmo.
A alcaldesa Corina Porro recibiu ao novo xerente da Fundación Provigo, Pablo Conde, co que mantivo unha entrevista nas dependencias da Alcaldía. A reunión, que supuxo a primeira dende que Pablo Conde ostenta a xerencia da fundación, serviu para pór data ao próximo patronato e dar o visto bo á orde do día. A data final, que xa estaba máis ou menos consensuada, quedou no 7 de marzo e a cita servirá para poñer cuestións en orde como a aprobación do novo balance.
Descargar todas as imaxes