Os artistas brasileiros Adriano e Fernando Guimarães actúan en Marco
Adriano e Fernando Guimarães son os artistas e autores das catro performances que terán lugar no museo o 25 e 26 de febreiro en horario de 20 horas e 21,30 horas.
Continuando coas actividades relacionadas coa exposición "20 Desarranxos. Panorama da arte brasileira", que ocupa as salas do primeiro andar, MARCO presenta catro performances dos artistas brasileiros Adriano e Fernando Guimarães.
Ditos espectáculos terán lugar o venres 25 e sábado 26 de febreiro en dous pases diarios en horarios de 20 e 21,30 horas. Poderán observarse as performances: "Escuridão", "Luz", "Respiração-", e "Respiração+", cunha duración duns 26 minutos en total. As 4 actuacións terán lugar en distintos espazos do museo e haberá un tempo entre cada unha delas para que os espectadores podan desprazarse dun lugar a outro.
Outras actividades paralelas
Paralelamente, o MARCO organizou o taller de performance "O xogo, o discurso e o corpo", dirixido polos dous artistas e destinado a 15 participantes, que se está a desenvolver no salón de actos dende opasado xoves 17 e que remata hoxe mesmo.
En función dos resultados, hoxe xoves terá lugar unha presentación pública dos resultados do taller, aberta ao público en xeral, a partir das 20 horas no Salón de Actos. O acceso será libre e gratuíto.
Ademais, en relación con estas actividades, o espazo da Biblioteca/Mediateca no primeiro andar (de acceso gratuíto) acolle nestes días unha exposición bibliográfica sobre a performance, cunha lista de publicacións recomendadas para todo o público interesado.
Descargar todas as imaxes