O Hospital Xeral, proposta para a medalla de ouro da cidade de Vigo
A xunta de voceiros tomou esta decisión que deberá ser ratificada polo Pleno da Corporación.
A xunta de voceiros tomou esta decisión que deberá ser ratificada polo Pleno da Corporación.
Charlas, concertos, viaxes , exposición e cursos centran as actividades que se desenvolverán durante todo o mes de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e que presentou a concelleira da Muller , Lucía Molares e a representantes do Consello Municipal de Muller, Aurita González.
O Consello da Xerencia de Urbanismo propúxolle ao Pleno do Concello a declaración da nulidade do acordo plenario de 27 de novembro de 1992 sobre a cesión para vial de circunvalación concluído con "Miraflores Vigo, S.A.". Tamén se aprobou, entre outras medidas, levar á Xunta de Goberno Local a decisión de constituír a Xunta de Compensación do Plan Parcial Gandariña 2.
A compañía teatral italiana Lenz Rifrazioni presentou no Concello a súa obra "Pollicino" ("Polgarciño"), baseada no conto dos irmáns Grimm. A obra, máis performativa que teatral, abrirá o IV Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo, que traerá á nosa cidade actuacións case diarias ata o 12 de marzo.
Adriano e Fernando Guimarães son os artistas e autores das catro performances que terán lugar no museo o 25 e 26 de febreiro en horario de 20 horas e 21,30 horas.
Esta visita de protocolo serviu para que ambos decidisen unha data para o próximo patronato e revisar a orde do día do mesmo.